Cangas Vella nace como asociación sen ánimo de lucro, e coa inteción de promover e darlle un pulo o Casco vello de Cangas, somos un grUpo de comerciantes e hostaleiros que invitan a participar a todos os veciños, asociación e as diferentes autoridades.
- Impulsar o desenvolvemento comercial e hostaleiro do Casco Vello de
Cangas de maneira que sirva de pulmón económico da Vila,
fomentando o consumo local como a mellor ferramenta para un
beneficio común. - Vivificar “Cangas Vella” de xeito que tanto as persoas que o habitan, as
que teñen unha actividade comercial, tódolos vecinos da vila que a
transitan diariamente e os turistas que nos visitan, poidan disfrutar dun
entorno acolledor, limpo, fermoso e afable. - Contribuir á recuperación do patrimonio histórico do Casco Vello así
como colaborar no cuidado e mellora da súa beleza. - Activar e promover a participación social, cultural e artística,
recuperando tradicións e apoiando diferentes expresións creativas que
produzan sementes de prosperidade. - Elaborar fórmulas para fomentar o interese turístico de “Cangas Vella”,
chegando a facer que a súa visita sexa dun atractivo inevitable. - Colaborar coas diferentes asociacións sociais, culturais e deportivas da
vila e doutros lugares na procura de alcanzar os obxectivos desta
asociación.