Ruta de los espacios naturales

Na parroquia do mesmo nome, representa unha das máis importantes masas de bosque autóctono da costa sur de Galicia. Para acceder a el, pódese facer por varios lugares. Por unha banda, vindo de Bueu cara a Cangas polo interior, ou sexa, pola PO-551, xusto ao chegar ao chamado Alto da Portela, collemos un desvío á esquerda que vai cara á ermida de San Cosme.

Se continuamos por aí, iremos penetrando aos poucos na fraga, pasando pola fervenza do río Bouzós, que nace na zona de Ermelo. Outro xeito de chegar bastante fácil é subir pola Ctra do Espiritu Santo e desviarse á dereita antes de chegar ao cruce da Igrexa de Coiro. Podemos deixar aí o coche e comezar a camiñar. Atravesamos unha corredoira en forte pendente que conflúe coa pista principal que vén desde San Cosme. Por aí atoparemos varios cruces de camiños que levan ao monte da Pena, ao da Paralaia ou ao de Ermelo.

A Ría de Vigo
Illas Cíes

Amosa ao visitante os practicamente virxes areais de Nerga, Viñó e Barra, enmarcados por extensos campos de dunas e de grande diversidade biolóxica.

Esta reserva ecolóxica ten a súa continuación nos cantís da Costa da Vela. O resultado é un Espazo Natural, constituído pola Costa da Vela, Cabo Home, Nerga e Barra, que tanto polas numerosas especies que agachan como polo seu paradisíaco aspecto, foi declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC).

As vistas da Costa da Vela ou Soavela, cos cantís, e as Illas Cíes, son de incomparable beleza.

Califica y escribe una reseña

Tiempo

Pontevedra Cangas

Conciertos en SalaSon